O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).
O traballo non se garda dun ano para outro, agás para a oportunidade adiantada como se indica máis abaixo.
Para os alumnos que soliciten a dispensa académica a avaliación será igual ao resto xa que os traballos serán completados fóra do horario de clases. Tamén deberán ir o exame.
Os alumnos de segunda oportunidade que non seguiran a avaliación continua poderán ter un exame que os avalie do total das competencias, podendo ser este diferente dos que xa adquiriron competencias cos traballos e prácticas do curso. En caso de querer ser evaluados coa parte de Traballos tutelados, poderán facer unha entrega dos mismo en segunda oportunidade, na data indicada polos profesores.
Os alumnos de oportunidade adiantada gardarase o traballo realizado con curso anterior. En caso de que non seguiran a avaliación continua poderán ter un exame que os avalie do total das competencias, podendo ser este diferente dos que xa adquiriron competencias cos traballos e prácticas do curso.