Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A19 A20 B8 C7 C11 C13 Esta actividade corresponde á parte da materia de investigación cuantitativa (4 ECTS). Se realizarán probas de coñecemento e boletíns de exercicios prácticos que deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados, valorándose con 4 puntos sobre 10 (nota máxima final da materia= 2,8 puntos). Valorarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán.

0
Mixed objective/subjective test A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 Na parte correspondente á materia de investigación cuantitativa (4 ECTS) realizarase unha proba escrita que se valorará con 5 puntos sobre 10 (nota final máxima da materia 3.5 puntos) que combinará preguntas de resposta múltiple y/o resposta breve y/o resolución de exercicios de analise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia

Na parte correspondente á materia de investigación cualitativa (2 ECTS) realizarase unha proba final que terá unha puntuación máxima de 3 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 0.9 puntos). Será necesario acadar unha calificación mínima de 1.5 puntos (sobre 3) na proba final para poder superar a materia.
0
Supervised projects A18 B3 B8 C13 Consiste en realizar en grupos de 5 estudantes unha propuesta de investigación.
Na parte de investigación cuantitativa: elaborarase unha proposta de investigación cuantitativa e terá unha puntuación de 1 punto sobre 10 na parte avaliada (nota máxima final de la materia 0.7 puntos).

Na parte de investigación cualitativa: elaborarase unha proposta de investigación cualitativa e terá unha puntuación de 7 puntos sobre 10 na parte avaliada (nota final máxima materia 2.1 puntos). Será necesario obter unha calificación mínima de 3.5 puntos (sobre 7) na proposta de investigación cualitativa para poder superar a materia.
0
 
Assessment comments
NOTA IMPORTANTE.

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:
  • METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs) 70% da nota final, Prof. Dra.Teresa Seoane Pillado e Prof. Dra. Sonia Pértega Díaz
  • METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 30% da nota final, Prof. Dra. Carla Freijomil Vázquez (Coordinadora da materia).

Para aprobar a materia é necesario superar cada unha das 2 partes individualmente. A nota final calcularase segundo o peso en créditos ECTS de cada unha das partes.

No caso de que non se supere unha das duas partes da materia, a nota que lle figurará será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5, en outro caso a nota será un 4. Na 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.  

MATRICULA PARCIAL.
Os/As estudantes poderán solicitar DISPENSA ACADEMICA.

Os/as estudantes de matricula parcial deberán poñerse en contacto cas profesoras ó inicio do curso. 
Metodoloxía cuantitativa: Deberán entregar os boletins de exercicios e facer as probas de avaliacion continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as. Ademais de realizar a proba mixta correspondente a esta parte da materia.
Metodoloxía cualitativa: Realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE 

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS. 

Metodoloxía cuantitativa: Deberán entregar os boletins de exercicios e  facer as probas de avaliacion continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as. Ademais de realizar a proba mixta correspondente a esta parte da materia
Metodoloxía cualitativa: A avaliación consistirá nunha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. 

Metodoloxía cuantitativa: Deberán entregar os boletins de exercicios e  facer as probas de avaliacion continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as. Ademais de realizar a proba mixta correspondente a esta parte da materia  
Metodoloxía cualitativa: A avaliación consistirá nunha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.

MATRICULA DE HONRA.

Outorgarase ás puntuacions máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia.

NON PRESENTADO.

A calificación de Non Presentado corresponderá ó/á estudante que non fixera a proba mixta na parte de investigación cuantitativa e/ou que non realizara a proba final na parte de investigación cualitativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes