A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o/a estudante para ser consumidor crítico da información científica da sua disciplina no ámbito das Ciencias da Saude
Plan de continxencia
A docencia será presencial.
Observacións particulares:
* Metodoloxía Cuantitativa: No caso de que un ou varios alumnos atópense confinados, estes deberán comunicarllo as profesoras da materia co fin de valorar un plan alternativo que non prexudique a súa evolución na materia.
* Metodoloxía Cualitativa: No caso de que algún estudante (ou grupo de estudantes) se encontre confinado por COVID-19 ou contacto estreito, terá que conectarse de forma síncrona a través da plataforma TEAMS á clase presencial e remitir os traballos propostos a través da plataforma Moodle.
No caso de que algún alumno (ou grupo de alumnos) se encontre confinado por COVID-19 ou contacto estreito o día marcado para a avaliación presencial, terá que remitir os informes que o avalen, e se acordará unha data de avaliación entre o docente e o alumno unha vez finalizado o illamento.
No caso dunha nova situación de pandemia que provoque o peche das actividades presenciais levaranse a cabo as seguintes medidas:
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Manteranse todas as metodoloxías docentes.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se realizarán cambios nas metodoloxías da materia.
As metodoloxías programadas previamente de xeito presencial pasarán a desenvolverse de xeito virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico: De uso para consultas, resolver dudas e facer seguimento dos traballos.
Moodle: Desenvolvemento do contido teórico e práctico. Posibilidade de xerar foros temáticos e de actividades específicas.
Teams: Sesión semanal (no caso de que corresponda docencia virtual) en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos problemas prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Sesions acordadas por grupos de alumnos para o seguemento e desenvolvemento dos traballos grupais planteados para a avaliación continua.
4. Modificacións na avaliación
Non se farán cambios na avaliación da materia.
*Observacións de avaliación:
As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con soporte en directo mediante Teams. A proba final realizaríase a través da plataforma Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías