Preténdese capacitar o futuro profesional de enfermaría para que, ao empregar os coñecementos adquiridos, poida observar, identificar e dar resposta ás necesidades emocionais do individuo, da familia e da comunidade, tratando de pór ao seu alcance os instrumentos necesarios que posibiliten o manexo ante as situacións determinadas, para así poder valorar os problemas de enfermaría e planificar os coidados encamiñados a responder ás necesidades, as condutas e os sentimentos do paciente, integrando plenamente a atención na saúde mental.
Plan de continxencia
NO CASO DO PECHE DAS ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican: Realizarase de maneira virtual a totalidade dos seminarios e probas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC campusvirtual.udc.gal/ a canle principal de comunicación.
4. Modificacións na avaliación: Ningunha *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha
SITUACIONS ESPECIAIS:
1) No caso de que un estudante estea en situación de confinamento: conectarase á lección maxistral. O trabajo colaborativo e seminarios poder facelo co grupo de forma virtual ou presentar os seus trabajos de forma individual. No caso de estar en prácticas clínicas ou de laboratorio/demostración ou simulación, se postpondrán as prácticas e as avaliacións ata a súa incorporación.
2) Grupo de estudantes confinados: conectaranse á lección maxistral por Teams. Traballarán por Teams os seminarios, por grupo ou de forma individual, e se postpondran prácticas e avaliación ata a sea incorporación.
3)Se o confinamento afecta o desenvolvemento da proba obxectiva, esta deberá realizarse de forma presencial nunha nova data acordada entre o alumnado afectado e o profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías