A través do proceso de aprendizaxe, reflexión e interiorización desenvolvido ao longo da materia, o alumno e a alumna adquirirán os coñecementos, actitudes e habilidades necesarios para:
- Participar na atención da comunidade, tendo en conta a realidade da muller e da poboación infantil e adolescente nela.
- Comprender o proceso saúde–enfermidade da muller e do neno e a nena desde o seu nacemento ata a adolescencia, así como os condicionantes físicos, psíquicos, antropolóxicos e da contorna sociofamiliar que o potencian ou dificultan.
- Identificar as necesidades de saúde propias da muller, especialmente durante a súa etapa reprodutiva e durante o seu proceso de maternidade.
- Prestar coidados de enfermería á muller, que contemplen desde a promoción, o mantemento, a recuperación e a rehabilitación da saúde ligada ao sexo, á reprodución humana, e ao coidado de forma integral da nai.
- Analizar críticamente os recursos e dispositivos sociosanitarios que prestan atención á muller.
- Realizar as accións encamiñadas á vixilancia e seguimento do neno e a nena sans, así como a detección precoz dos nenos e as nenas de alto risco.
- Identificar as necesidades de saúde do neno e nena san ou enfermo, desde o nacemento á adolescencia nos diferentes contextos en que se atopa (familia, comunidade, medio hospitalario)
- Valorar e detectar os problemas relacionados coas necesidades básicas alteradas do neno ou nena e do adolescente ou da adolescente.
- Establecer unha correcta comunicación co neno, nena, a familia e a equipa de saúde.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral
Seminarios grupais.
Proba obxectiva
Traballo tutelado
No caso de que un/ha ou varios membros do alumnado estén confinados/as, confirmado con certificado pertinente por autoridad sanitaria, levaráse a cabo docencia síncrona online nese concreto caso. Se o confinamento individual afecta ao desenrolo da proba obxectiva, ésta deberase realizar de forma presencial nunha nova data acordada entre o alumnado afectado e as docentes. Pospondranse as prácticas e avaliación ata incorporación.
Grupo de alumnado confinado: conectaránse á lección maxistral e seminarios por TEAMS, e se pospondrán os seus seminarios, prácticas e avaliación(ou intercambiaranse grupos)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado dispón de material docente na plataforma Moodle e actualización e corrección das tarefas plantexadas. Estudo de casos clínicos semanais e traballo tutelado con presentación final .
4. Modificacións na avaliación. O alumnado en confinamento confirmado, será avaliado de xeito presencial nas datas acordadas cos docentes.
5.Atención personalizada ao alumnado
No caso das tutorías serán virtuais e coa obrigatoriedade de comunicación formal vía mail ao docente.
5. Non hai modificacións da bibliografía ou webgrafía, non hai cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías