ADAPTACIÓN DE PRESENCIALIDAD Á SITUACIÓN
EPIDEMIOLÓXICA: Todas as
actividades presenciais realizaranse con asentos reatribuídos, con máscara,
ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que
se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e
publicadas en: https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/
No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a
superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de
docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana
a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro
grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida
polo docente da materia.
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.