O proposito xeral da materia é capacitar ao alumno para traballar dentro dunha organización ou sistema tendo en conta o medio socioeconómico en que ésta se desenvolve, así como por ao seu alcance os métodos e as técnicas utilizados polas ciencias administrativas para integrar os coñocementos adquiridos noutras disciplinas coa finalidade de prestar un servizo de calidade a un custo adecuado e incrementar o desenvolvemento persoal, profesional e o da institución ou sistema
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non existen modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
As metodoloxías docentes serán mantidas no caso de que un/ha ou varios estudante/s estén confinados. Nese caso, levarase a cabo docencia síncrona online. No caso da simulación, se o confinamento é individual, desenrolarase de xeito síncrono online, se fose grupal, pospoñerase ata que se poida realizar. e enviarlles os informes xustificativos. Se o confinamento individual afecta o desenrolo da proba obxectiva, esta deberase realizar de forma presencial nunha nova data acordada entre o alumnado afectado e as docentes.
No caso de que exista un peche de actividades presenciais, as horas de traballo da metodoloxía de simulación serán incorporadas ao traballo tutelado que se ampliará para abordar as competencias asignadas a metodoloxía de simulación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Sesións en TEAMS Semanal, no horario establecido previamente a suspensión da docencia. Titorías por email ou videoconferencia a demanda do/a estudante
4. Modificacións na avaliación
Non se contemplan modificación en situacións de confinamento individual ou grupal. Nun escenario de peche da actividade presencial, realizaranse as seguintes modificación:
Proba obxectiva 50% (5 puntos) Proba tipo test de resposta única.
Traballo tutelado 50% (5 puntos) Elaboración dun traballo colaborativo e posterior defensa teórica e metodolóxica, en sesión programadas coas profesoras Emma Rodríguez Maseda e Sara Fernández Basanta.
*Observacións de avaliación:
Non existen cambios nas observacións da avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non existen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías