Esta materia trata de iniciar ao estudante na aplicación dos coidados específicos da profesión utilizando o paradigma enfermeiro como base conceptual, considerando á persoa, familia e comunidade como elementos principais para a aplicación dos coidados enfermeiros apoiando-se en modelos e teorías de enfermaría.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías
As metodoloxías docentes serán mantidas no caso de que un/ha ou varios estudante/s estén confinados. Nese caso, levarase a cabo docencia síncrona online (no caso das leccións maxistrais e o resto de metodoloxías). Ante esta situación, as profesoras deberían ser avisadas canto antes e enviarlles os informes xustificativos. Se o confinamento individual afecta o desenrolo da proba obxectiva, esta deberase realizar de forma presencial nunha nova data acordada entre o alumnado afectado e as docentes.
No caso de que exista un peche de actividades presenciais, as metodoloxías docentes adaptaranse a virtualidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC, o TEAMS, e o correo electrónico institucional as canles principais de comunicación.
4. Modificacións na avaliación: Ningunha *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías