Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortopodoloxía 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A21 A22 A37 A46 A54 A58 B1 B3 B9 B18 B19 C1 C3 C6 C8 Exame con preguntas de proba obxectiva e preguntas de proba de ensaio. No exame incluiranse preguntas relacionadas cos contidos dos temarios desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. Co exame facilitarase a información sobre a puntuación das preguntas.

Para superar a materia é necesario obter polo menos o 50% da cualificación total da proba.
100
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (50% das respostas correctas do exame) da proba mixta, así como asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e obter a cualificación de apto no exame práctico final (50% do peso da cualificación das prácticas) en crusos previos.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas (plan a extinción): Para aqueles estudantes que cursasen a materia e realicen e superen as prácticas de laboratirio obrigatorias, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, neste caso a avaliación será o 100% a proba final. As notas de prácticas e seminarios gardaránse só 2 cursos académicos, período despois do cal será necesario repetilas e volver a superalas. 

ALUMNADO CON MÁTRICULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA: Os estudantes matriculados oficialmente na modalidade parcial están exentos de asistir aos seminarios. No seu lugar deberán de presentar as actividades que se programen para os seminarios no tempo e forma que se dará a coñecer unha vez constatada a existencia de alumnado matriculado nesta modalidade.

A matrícula de honra, dado o seu carácter ex gratia, outorgarase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na nota media da materia. Se hai máis estudantes con esa cualificación dos que se poden conceder matriculacións pola cota oficial establecida, todos os alumnos serán convocados para realizar unha proba de desempate específica, proba que consistirá nun novo exame con características similares ás da proba mixta. , un exame que se fixará na data e hora de acordo cos interesados. En ausencia de calquera alumno cunha nota de 10, todos os estudantes que obteñan unha nota media superior a 9,5, requisito básico para optar a honores, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e superando a proba descrita anteriormente. 

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles estudantes que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

Outorgarase a cualificación de non presentado a aqueles estudantes que non acudan nin os seminarios, nin as prácticas, nin á proba mixta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes