Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortesioloxía dixital e calzadoterapia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A22 B7 C7 Exame de 30 preguntas test. As preguntas test conteñen unha única resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada dúas preguntas non acertadas eliminan unha resposta acertada. As preguntas en blanco non restan. Tódalas respostas deben de respostarse na plantilla.
Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla. As respostas deben marcarse na plantilla cunha X, que abarquen todo o cadro da resposta seleccionada.
Se eliminarán todas as respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incertidume sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0,15 puntos.
En canto, as preguntas abertas deben respostarse con letra lexible en cualquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser puntuada, a resposta debe de respostar a pregunta de forma completa, ceñíndose á pregunta plantexada e tratando de non abarcar máis espazo do dispoñible. Dúas preguntas abertas teñen un valor de dous puntos e unha pregunta ten un valor de 1.5 puntos.
100
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 

2. SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

2.1 Cómpre obter na proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran aproba mixta.

3. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

3.1 O alumnado que non asista a proba mixta na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes