Podoloxía Física é unha materia pertencente ao 2º Cuadrimestre do 3º curso do Grao de Podoloxía. O obxectivo da materia é formar ao alumnado que a curse na aplicación de terapias físicas e de rehabilitación dentro do marco legal da Podoloxía.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Ningún
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican:
-Prácticas de laboratorio. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico) modificarase na medida do posible o calendario de prácticas puidendo ter que facer cambios de data do grupo que realizará as prácticas, para cumprir, sempre que se poda, o número de prácticas totais do alumnado. De non poder realizarse o 100% das prácticas clínicas intentarase a recuperación de, como mínimo, o 50% das mesmas dentro do periodo permitido.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada realizarase a través do correo electrónico e da plataforma Teams no horario de titorías da docente.
4. Modificacións na avaliación
As metodoloxías e porcentaxes de avaliación se manteñen.
-A PROBA OBXECTIVA realizarase de modo presencial según as normas de presencialidade do momento.
-PRÁCTICAS DE LABORATRIO. De darse a situación de non poder levar a cabo a totalidade das prácticas o alumnado deberá realizar un mínimo do 50% das prácticas para superar a materia, recuperándose posteriormente no periodo permitido. Nesta situación avaliarase as prácticas realizadas( mínimo 50%).
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías