Prácticas clínicas |
A22 A23 B3 B14 B18 B19 C1 |
Asistencia obrigatoria ao 100% das prácticas para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula. Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista, así como o diagnóstico, planificación de tratamentos e seguimento dos pacientes tratados. |
10 |
Proba mixta |
A19 A20 A22 A23 B12 |
Proba escrita na que poderanse combinar preguntas de resposta obxectiva tipo resposta múltiple, ordenación ou relación de contidos, con preguntas de resposta aberta orientadas estas últimas á resolución de cuestións relacionadas con aspectos clínicos (diagnóstico, tratamento, etc.) de afeccións podolóxicas asociadas á práctica deportiva.
A puntuación das preguntas desta proba especificarase na normativa do exame.
Para superar a materia, á marxe das cualificacións obtidas noutras metodoloxías, é necesario obter un 50% da puntuación total desta proba (3,5 puntos sobre os 7 que ten en total a proba).
|
70 |
- Para superar a materia en calquera das dúas oportunidades é obrigatorio asistir ás prácticas clínicas e superar o exame (50% do seu valor total) e obter un mínimo de 5 puntos no sumatorio global das metodoloxías.
- As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación da proba mixta. A cualificación que figurará no acta en caso de non superar a proba mixta, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación.
- En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións da metodoloxía práctica dos dous últimos cursos inmediatamente anteriores ao vixente.
- A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta ou non realice o 100% das prácticas clínicas.
- A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automáticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, que consistirá en unha proba de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9,0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación por encima de 9,0, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
- Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso mediante correo electrónico. Para este alumnado é obrigatorio o 100% da realización das práctica clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/para realizará de forma autónoma (dispensa académica), sen asistir ás sesións presenciais de traballo en grupo e presentando os traballos a través do Campus Virtual da UDC.
- Os estudiantes SICUE, ERASMUS y BILATERAL podrán optar pola evaluación da matrícula ordinaria ou polas condicións da matrícula a tempo parcial.
- Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida na descripción da avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final
- PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a. O alumnado que incurra en plaxio será cualificado con suspenso (0,0) na actividade, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento disciplinario recollido na normativa de UDC.
|