Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Quiropodoloxía 1
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dermatoloxía/750G02026
Quiropodoloxía 2/750G02028
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Pe de risco/750G02031
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Adaptación de presencialidade a situación epidemiolóxica o longo do curso. En todas as actividades que se fagan  será obligatoria a utilización de máscara e  o lugar estará provisto de  ventilación,  a ubicación e asientos estarán preasignados. Non está permitido o consumo de alimentos e bebidas, e asegurándose que se cumplan  as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en : https: udc.es/es/fep/coronavirus/.

Cando o grupo de docencia maxistral supere as indicacions de aforo da aula, estableceranse grupos rotatorios de docencia híbrida, deste modo os estudiantes que non poidan estar na aula seguiran a docencia de forma telématica esa semana e a siguiente xa volven a forma presencial,  según planificación  establecida.

Grabación e fotografia.Non se poderán grabar nin fotografiar as clases, obradoiros, exposición de traballos nin prácticas de laboratorio salvo en aqueles casos excepcionales nos que  a docente outorgue a su autorización expresa e as persoas interesadas den o seu consentemento.

IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para  a realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible   acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo, cuaderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia. Para un mellor aproveitamento das prácticas e recomendable que o alumno/a dispoña do siguiente instrumental: Mango de bisturí del nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas.

Obxetivos de desenrrolo sostenible: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":</p><ul>

·  A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase e entregaranse en formato dixital , sen impresión nin empregar plásticos. No caso de ser necesario a utilización de papel  a impresións será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.

·  Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

·  Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

·  Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

 Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes