A materia Cirurxía Podológica 2 combina durante o 2º cuadrimestre do 3º curso de Grao teoría e práctica co obxectivo xeral de situar ao alumnado no marco conceptual das técnicas máis habituais e básicas na cirurxía podológica.
A materia pretende achegar ao alumnado a unha metodoloxía que lle permita establecer un diagnóstico e prognóstico certeiros e recoñecer a aparición de complicacións na aplicación das técnicas cirúrxicas propias da súa disciplina.
Desde o punto de vista práctico perséguese desenvolver unhas habilidades básicas.
Plan de continxencia
Coa entrada en vigor do novo plan de estudos, o alumnado matriculado na materia Cirurxía Podolóxica 2 pertencente ao plan 2009 (750G02030) só terá dereito a ser avaliado.
AVISO: No caso de non ter realizado nunca as prácticas de laboratorio da materia Cirurxía Podolóxica 2 pertencente ao plan 2009 (750G02030) , o alumnado matriculado deberá superar unha proba teórico-práctica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías