Estudo de casos |
Presentaranse situación prácticas relacionadas cos contidos de Psicoloxía da asignatura |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden
combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución
de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas
eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do
profesorado |
Prácticas a través de TIC |
Realizaranse supostos prácticos con datos que serán analizados en computador por medio de software bioestatístico. Grazas a esta metodoloxía o estudante aplicará e poñerán en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba obxectiva |
Proba de preguntas tipo test. Plantexaranse dúas probas independentes para o bloque de contidos de Psicoloxía e de Saúde Pública |