Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
1.- MATERIAS QUE SE RECOMENDA CURSAR PREVIAMENTE

Neste apartado non seleccionamos ningunha materia xa que Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico atópase no primeiro cuadrimestre de 1ºcurso.

2.- MATERIAS QUE CONTINÚAN O TEMARIO.

A materia Basees para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos que necesita o estudante para ser consumidor crítico da información científica da súa disciplina. É por iso que en todas as materias posteriores dos cursos 2º, 3º e 4º do Grao de Podoloxía os/ as estudantes de modo transversal terán que facer uso das competencias adquiridas nesta materia. Será unha necesidade, nas devanditas materias, profundar desde un enfoque práctico e clínico na capacidade do estudante para consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma, aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o requiren tomar decisións clínicas.

3.- OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

    A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

    Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- RECOMENDACIÓN PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO:

Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

    Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

    Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.

    Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5.- PLAXIO:

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes