Portafolios do alumno |
Ficha de exploración biomecánica en formato papel ou dixital ordenada por apartados debidamente identificadas segundo o explicado nas clases prácticas de laboratorio. E produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo/a alumno/a no período de tempo de prácticas. |
Proba de resposta breve |
Proba/s obxectiva/s dirixida/s a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada a través das leccións maxistrais. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas no laboratorio de Biomecánica. Reprodúcense técnicas, métodos e procedimentos de exploración biomecánica previamente explicados e representados pola profesora. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|