Plan de continxencia |
No caso de alumno/a aislado/a (positivo, contacto directo ou pendiente de proba de cribado) que non poida acudir ó Centro daráselle a oportunidade de conectarse vía Teams ás clases de grupo grande e mediano (leccion maxistral e clase interactiva). No caso das clases prácticas deberá recuperar esas horas noutras datas factibles de clase práctica (noutros grupos diferentes ó seu). E SE UN GRUPO ESTIVESE AISLADO OU CONFINADO, PODERASE CAMBIAR POR OUTRO GRUPO SEGUNDO O CRITERIO DA PROFESORA.
No peor das situaciones, de peche da actividade presencial, terase en cuenta:
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: clases expositivas participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos.
- Prácticas de laboratorio: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
- Presentación oral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual (ferramenta Microsoft Teams) dependendo da evolución da pandemia.
- Portafolios alumno. Titorizado ou guiado vía presencial ou virtual (Teams) dependendo da evolución da pandemia.
- Análise de fontes documentais. Vía virtual (Teams) ou presencial segundo a evolución da pandemia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio:as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos prácticos da materia.
-Proba mixta: é substituída por unha proba escrita vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas:
-Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado.
-Moodle: para propocionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Realización de probas e resolución de dúbidas a través dos foros.
-Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante.
4. Modificacións na avaliación
- Avaliación continua 60%
a. Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciasis ou virtuais (Teams): actitude, puntualidade, a participación razoada, o traballo en equipo, probas de comprensión, presentación oral, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así como as destrezas e habilidades do/a alumno/a.
b. Participación en clases non presenciais a través de Teams.
c. Entrega de traballos non presenciais titorizados.
-Proba escrita 30%
Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba oral 10%. Exame oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos a través da ferramenta Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
Programarase en data e hora a proba escrita e a proba oral.
Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 30 minutos antes do comezo do exame. Comprobaremos a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizareos que todos poidan realizar a proba.
Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a sú cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso.
A continuación activarase o exame en Moolde con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas.
O exame oral levarase a cabo a través da plataforma Teams ou no seu defecto, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación.
Para superar a materia requírese ter aprobada a proba escrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre este requisito.
Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero unha das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos).
Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).
Os alumnos de primeria matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completarn as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través do exame escrito e oral que suporán cada un deles o 70% e 30%, respectivamente, da cualificación final.
A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións
|