Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Diagnóstico por Imaxe |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Diagnóstico por Imaxe | Código | 750G02112 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Ten como finalidade a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor. Os contidos incluidos nesta modalidade serán os fundamentos físicos da imaxe diagnóstica. Complementase coa aprendizaje colaborativa nos contidos de artefactos de imaxe. |
Portafolios do alumno | O alumnado deberá dispor de xeito ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, os rexistros produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno que incluen: apuntes ou notas de clases, resumes, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais con preguntas interactivas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta modalidad empregarase para proporcionar o alumnado experiencia derivada da practica clínica, que habitualmente non se presenta na bibliografía e por tanto difícil de acadar sen práctica asistencial |
Estudo de casos | O alumnado enfrontarase a un problema concreto (caso), que lle describe unha situación clínica real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar os feitos, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Esta decisión pode fundamentar tanto a elección de técnica de imaxe más axeitada como as diferentes opcions diagnósticas posibles. |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Aprendizaxe colaborativa | Aplicaráse fundamentalmente na evolución dos contidos físicos que fundamentan a imaxe diagnóstica e os seus artefactos. Ben de forma presencial ou telemática os alumnado traballará de xeito colaborativo en pequenos grupos coordinados para acatar a resolución das tarefas asignadas. Deste xeito optimizarase a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
|