Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquel alumno que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase.
A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non presenten as actividades pendentes nin participasen de ningún escenario.
Oportunidade adiantada (Dezembro): traballo de recopilación de imanes: deberá aportar unha imaxe coa súa correspondente explicación de cada técnica de imaxe en cada unha das localizacións anatómicas do membro inferior 7 dias antes da data prevista para o examen tipo test de resposta única ao que tamen debera superar con éxito.
Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade.
Para alumnos con modalidade matricula a tempo parcial deberán presentar os traballos tutelados e de parendizaxe colaborativa así coma o estado de casos en tempo e forma co resto de compañeros. Deberán tomen superar o exames tipo test de resposta unica previstos na data que figure no calendario académico correspondiente.