Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Ortopodoloxía Clínica |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Ortopodoloxía Clínica | Código | 750G02118 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado. |
Obradoiro | Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes obradoiros. |
Prácticas clínicas | Nas prácticas clínicas o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo. Ditas prácticas consistirán en prácticas de simulación clínica na Facultade e prácticas clínicas con pacientes reais na CUP. Ó comezo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes días de prácticas e instalacións onde se levarán a cabo, así como o material e indumentaria necesario. |
Traballos tutelados | O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico. |
Proba práctica | A proba práctica consistirá na simulación dun caso clínico no que o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos para a súa resolución, cun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado. |
Proba obxectiva | A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, obradoiros e prácticas clínicas |
|