PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:
- PRÁCTICAS CLÍNICAS: Asistir á totalidade das prácticas clínicas.
- PROBA PRÁCTICA: Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.
- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas
do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo
tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados,
salvo causas xustificadas.
- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación
total desta.
É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA
CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA.
MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota
máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das
metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.
NON PRESENTADO. O alumnado que non curse ou participe en ningunha das
metodoloxías de avaliación será avaliado como "NON PRESENTADO".
MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota
da proba obxectiva, o 50% da nota das prácticas clínicas e o 50% da proba práctica. A asistencia
ás prácticas clínicas é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a
posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a
asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas. A
asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun traballo a
acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situaciónn o inicio das clases. É necesrio obtener un 50% de la calificación global de la asignatura.
DISPENSA. O alumnado con solicitud de dispensa ten a obriga de asistir
á totalidade das prácticas clínicas. A avaliación das prácticas clínicas e a proba práctica será a mesma que para o resto do alumnado, tendo que superar as mesmas nun 50%. E terá a opción de ser
avaliado do resto das competencias na proba obxetiva (60%),
sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación
igual ou superior ó 50%. Neste caso a proba obxetiva contará con preguntas tipo
test e pregunta escrita.
OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12
créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico,
ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar
os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación,
que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º
cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado
polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o
resto do alumnado.
2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou
posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica,
obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e
superase as diferentes actividades.