A Materia Patoloxía Podológica 2, enmárcase dentro do módulo de Patoloxía Podolóxica e Tratamentos ortopodolóxicos, físicos e farmacolóxicos. Trátase dunha materia do 1º cuadrimestre do 3º curso e nela desenvolveranse coñecementos relacionados cos procesos patolóxicos sistémicos e específicos do pé ademáis revisaran se as principais características fisiológicas e patolóxicas na idade infantil así como na idade xeriátrica.
A abordaxe do estudo as diferentes patoloxias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrándose deste xeito o estudo da semiología das patoloxías podolóxicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé.
A práctica da materia desenrolarse no medio clínico para introducir ó alumnado na práctica da atención clínica podolóxica e na realidade do proceso diagnóstico.
Plan de continxencia
As presentes medidas de plan de continxencia recollen liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19 e a promulgación de decretos e normativas que podan afectar a o normal desenvolvemento da asignatura.
ALUMNADO EN CONFINAMIENTO / CUARENTENA
Os alumnos/as en confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito deberán seguir as medidas previstas por sanidade e a normativa da UDC. Durante este periodo poderán participar nas actividades de metodoloxía presencial non práctica por vía telemática. As ausencias ás prácticas recuperaranse, na medida do posible, seguindo as directrices das normativas da facultade e a UDC
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías