Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Quiropodoloxía 1 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Quiropodoloxía 1 | Código | 750G02125 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 | A avaliación dos seminarios realizarase en función da presencialidade e da participación de cada alumno/a nas actividades realizadas nos mesmos. | 8 |
Proba mixta | A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 | Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas. Para superar a proba será necesario obter o 60% de respostas correctas do test. Cada 3 respostas incorrectas da próba test, restan 1 resposta correcta. Queda terminantemente prohibido acudir ao exame con calquera tipo de dispositivo electrónico (incluíndo teléfono, computador, calculadora, tablet, auriculares, gravadora, reloxo). Durante o exame todo o alumnado deberá de manter o pelo recolleito cos pavillóns auditivos visibles. |
60 |
Traballos tutelados | A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 | Os traballos faranse seguindo as directices propocionadas pola profesora. Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado. Cada grupo de alumns realizará unha presentación e exposición do seu traballo. A asistencia e presentación dos traballos e obligatoria.Os traballos, a súa presentación e defensa serán avaliados mediante rúbrica polo resto de grupos e a profesora. A profesora proporcionará ao alumnado a rúbrica de avaliación. O alumnado fará unha acta de traballo, nela contemplarase a participación do alumnado, a asignación de tarefas, desenvolvemento, planificación dos traballos tutelados e cronograma de reunións de traballo. E obligatorio asistir a presentación e defensa do traballo. |
15 |
Prácticas de laboratorio | A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 | A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas e acta. | 17 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia é necesario realizar e superar a totalidade das prácticas de laboratorio así como superar a proba mixta (nota que supón o 60 % da nota total da materia onde será preciso acadar un resultado igual ou superior ó 60% de respotas correctas do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para superar a materia será necesario obtener unha nota media total igual ou superior ó 50% (nota numérica de de 5 sobre 10) da cualificación total da materia, nota que incluirá a avaliación das metodoloxias da proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados. No caso de non superar a proba mixta (resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test, sobre o 60% da nota global da materia), non se poderán sumar a esta nota, a nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas (prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados), mentres non se supere esta proba mixta. A nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas supón o 40% da nota total da cualificación da materia, polo tanto a materia non se pode considerar superada. Para que as actividades propostas de cada metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades propostas en tempo e forma. Os coñecementos a avaliar incluen os contidos tratados nas clases maxistrales, nos seminarios, nas prácticas de laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as diapositivas que a profesora entrega o alumnado e que está colgado nas plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademáis os contidos da bibliografía recomendada. Aconsellase o alumnado completar toda a información proporcionada anteriormente consultando as fontes de información para a materia. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as cualificacións das prácticas, seminarios e traballos tutelados (que supoñen o 40% da nota total da materia), gardarase, e esta cualificación computarán na segunda oportunidade, sempre que nesta segunda oportunidade se supere a proba mixta (que supon o 60% da nota total da materia, onde será preciso acadar un resultado igual ou superior o 60% de respostas correctas do test). Matricula Non 2ª Oprtunidade: O alumnado que se presente a 2ª oportunidade, previa realización e superación das prácticas de laboratorio, e outras actividades (seminarios, traballos tutelados), aplicaraselle os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. Para que estas porcentaxes computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta acadando unha puntuación do 60% das respostas correctas do examen test. O alumnado que non realizou e superou as prácticas de Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, e o resto de actividades, gardaraselle as notas das partes superadas, e neste caso terá que facer a proba mixta, unha vez superada computará co resto de das cualificacións superadas. Para superar a materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a proba mixta. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado e todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. Este alumno/a debe ter en conta que na sua condición a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia e opcional, non obstante a cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma, previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Neste caso o alumnado, pode acollerse a modalidade de avaliación ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta computará na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e traballo tutelado o 10%. Dispensa académica: No caso do alumnado con condición de dispensa a asistencia ós seminarios sustituiranse pola realización de un traballo sobre un tema relacionado coa materia de Quiropodoloxía I, acordado e planificado coa profesora ó inicio do curso. Para este alumnado, igual que todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. As porcentaxes aplicadas na avaliación serán as seguintes: A proba mixta computará o 75%, a realización das prácticas de laboratorio un 15% e o traballo tutelado o 10%. Para poder ser avaliadas o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e teñan superadas as prácticas, poderán presentarse a proba mixta. Neste caso os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto de alumnos. Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con un suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuizo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|