Plan de continxencia |
1.Modificacións nos contidos, Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías. Metodoloxías docentes que se manteñen: Proba mixta presencial, traballos tutelados. Metodoloxías docentes que se modifican atendendo no seu momento ás directrices sanitarias derivadas da situación covid-19 e segundo normativa da Facultade ( https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/.)e a UDC: Sesión maxistral, Seminarios, presentación e exposición de traballos tutelados, para estas actividades o alumno ou parte do grupo de alumnos que en caso de motivos de corentena ou confinamento, non poidan acudir á sesión presencial terá que acreditalo adecuadamente e comunicalo por correo electrónico ao profesorado; neste caso e si as circunstancias son adecuadas , permitirase a súa participación en directo por Teams . Nestas mesmas circunstancias( corentena ou confinamento), previa acreditación xustificada e notificación ao profesorado, permitirase ao alumno recuperar a práctica mediante o cambio excepcional de grupo de prácticas, sempre que isto sexa factible tendo en conta o tipo e operatividade da práctica, atendendo ao nº de alumnos, dispoñibilidade de aparataxe utilizado, instrumental e material necesarios para a realización de dita práctica; en caso de confinamento total substituiranse por sesións en teams e análises de vídeos . 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Realizarase a través dos medios telemáticos institucionais da UDC. 4. Modificacións na avaliación: * Observacións de avaliación: Proba mixta, no caso de que se dean as circunstancias de apartados anteriores (corentena ou confinamento) previa comunicación e acreditación xustificada ao profesorado e sempre en modalidade presencial permitirase realizar unha proba mixta atendendo á normativa da UDC, antes da data de peche de actas. En caso de confinamento total a realización da proba mixta, clase maxistral, prácticas, seminarios, presentación e exposición de traballos realizarase vía telemática mantendo as porcentaxes. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
|