Test de respostas múltiples de realización semanal
75
ICT practicals
A1 A2 C4
Casos prácticos e practicas analizados e resoltos polos estudantes
20
Case study
A1 A2 B1 B2 C5 C7
Actividades propostas na asignatura e analizadas e resoltas polos estudantes.
5
Assessment comments
OBSERVACIÓNS:
A metodoloxía empregada na avaliación da materia é a avaliación
continua. Todos os contidos impartidos na materia estarán dispoñibles en
formato digital no Campus Virtual. O proceso de avaliación
comprende a realización de todas e cada unha das actividades
obligatorias propostas na materia e cuxos porcentaxes na avaliación da
mesma detállanse na presente guia docente. As características da
avaliación continua detállanse a continuación:
a) A asistencia/participación do alumnado nas actividades de clase
mínima é do 80%. A asistencia/participación implica o cumprimento de
todo o horario lectivo no periodo académico. Porbaixo desta porcentaxe
desta asistencia/participación a cualificación na materia será de NON
PRESENTADO.
b) Posto que o proceso de avaliación continua implica realizar TODAS e CADA
UNHA das actividades, no caso de non presentar/entregar a actividade
correspondente a súa cualificación na materia será de NON PRESENTADO. Estas
actividades deberán ser entregadas en tempo e forma nas datas sinaladas
no calendario lectivo académicono que se desenvolve a asignatura. Con
carácter xeral, todas as actividades (estudo de casos, Prácticas a
través do TIC, Cuestionarios, etc) obxecto de avaliación continua
deberán ser realizadas e entregadas por parte dos alumnos semanalmente semanalmente durante o periodo lectivo no que se desarrolla a materia.
c) Por normativa académica da UDC todas as probas de avaliación deben
de quedar almacenadas para a súa custodia. Por dito motivo, a entrega de todas as
actividades para a súa avaliación farase a través do Campus Virtual
en formato .pdf. Non se admitirán entregas a través de correo
electrónico ou calquera outro medio que non sexa a através do Campus Virtual .
d) Por respecto aos alumnos que realizan e entregan as actividades en
tempo e forma e para evitar agravios comparativos, os atrasos nas
entregas pondéranse do seguinte modo:
"Con caracter xeral o atraso na realización e entrega das actividades
implicará unha ponderación na súa cualificacións dun 90% dentro da
primeira semana logo de finalizado o prazo de entrega, ao que se lle
reducirán un 10% adicional sucesivamente por cada semana de atraso na
entrega das mesmas". Para a entrega e realización de actividades atrasadas por parte dos
alumnos, deberase de solicitar, a través de correo electrónico dirixido
ao profesorado da materia, a reapertura da actividade que se pretende
entregar no Campus virtual.
e) Para a superación da materia a Cualificación Global Final (C.G.)
obtida como resultado da ponderación dos bloques temáticos impartidos
por cada profesor, segundo a porcentaxe establecida nesta guía docente deberá ser maior ou igual a 5. As condicións para realizar dita media
ponderada serán:
1. Para obter a media das actividades desenvoltas na materia, o alumno debe de presentar/entregado
todas e cada unha das actividades propostas durante o calendario lectivo
do curso académico. Si algunha actividade non foi presentada/entregada
(cualificación NON PRESENTADO en devandito tema), non se fará media co
resto das actividadesobtendo a cualificación media de NON PRESENTADO no
bloque temático e por conseguinte na Cualificación Global Final (C.G.)
da asignatura.
2. En cada tema correspondente os contidos da materia, o alumno deberá obter unha media de 3 ó máis puntos
para a obtención da media ponderada da Cualificación Global Final da
asignatura (C.G.). No caso de obter unha cualificación inferior ao 3 nalgún tema, deberá
voltar a realizar e presentar a tarefa correspondente nas datas programadas no
calendario académico no Campus virtual na semán correspondente a devandita actividade no perido lectivo da segunda oportunidade (segundo cuatrimestre do curso).
f) A avaliación da segunda oportunidade realizarase nas mesmas condicións e
cos mesmos criterios que a avaliación da primeira oportunidade. Para os
alumnos pendentes de realizar algunha actividade, NON PRESENTADOS na
primeira oportunidade ou con Cualificación Global (C.G.) por baixo de 5
puntos na primeira oportunidade, na convocatoria da segunda
oportunidade, déixase aberta a posibilidade de que o alumno decida si
desexa conservar as actividades entregadas na primeira Oportunidade cuxa
cualificación sexa igual ou maior que 3 puntos. Obviamente, dado o
sistema de avaliación continua proposto, é unha decisión cuxa
responsabilidade corresponde tomar ao alumno que decida que actividades
desexa conservar e cales decide acudir á reevaluación. A entrega das actividades pendentes faráse no periodo lectivo do segundo catrimestre do curso, seguindo a misma cadencia de entrega semanal que na primeira oportunidade.
Cualificación Global final:
A cualificación final da asignatura será a suma ponderada das
cualificacións obtidas correspondentes en todas as partes:
Calificación Global (C.G.)=0,05*Actividades+0,75*Cuestionarios Test+0,20*Casos Prácticos
Actividades: Asistencia
y realización de Actividades propostas durante o curso.
CuestionarioTest: Test
de conocimientos temáticos
Casos Prácticos: Supuestos
Prácticos propuestos durante el curso
Para a superación da materia, a cualificación Global (C.G.) obtida é o
resultado da ponderación segun a porcentaxe establecida nesta guía
docente deberá ser maior ou igual a 5 puntos sobre 10.
Notas:
1. As cualificacións provisionaies de cada convocatoria publicaranse do Campus Virtual e enviaranse a través de SMS, si o alumno
previamente autorizou o seu envío. En calquera dos casos as
cualificacións definitivas que aparecen nas actas, as cales o alumno
pode consultar na secretaría do centro, son as legalmente válidas.
2. Non se cualificará aos alumnos que non figuren nas actas da
asignatura ata que regularicen a súa situación na secretaria da
administración do centro.
3.Co fin de garantir os principios fundamentais de objetividad,
ecuanimidad, e xustiza e deste xeito evitar agravios comparativos, o
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia será evaluado do mesmo xeito e nas
mesmas condicións que o resto do alumnado de dedicación a tempo
completo. Dado o caracter de avaliación contínua, o alumnado con
dispensa académica deberá realizar todas as actividades do mesmo xeito que o resto de alumnado e nas datas sinaladas ao longo do
periodo lectivo do cuadrimestre no que se desenvolve a materia.