Sesión maxistral |
B1 B3 B4 C1 C5 C6 C8 |
Valorarase a asistencia ás sesións e o grao de participación, cando o tipo de sesión permítaa |
5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C7 |
Valorarase a asistencia e o grao de participación nos grupos, así como a transmisión de coñecementos que cada grupo faga ao conxunto da clase. |
25 |
A criterio do profesor, poderán aplicarse técnicas de co-avaliación e/ou autoavaliación. Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017): Se este alumnado pode participar de xeito
telemático nas clases do curso, seguirase o mesmo procedemento de
avaliación que co resto do alumnado. No caso de non darse a condición anterior,
deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co
profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de
traballos, e planificar a súa entrega e exposición. No caso de non supera a materia na primeira
oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na
segunda oportunidade.
|