Methodologies
|
Objective test |
ICT practicals |
Directed discussion |
Case study |
Oral presentation |
|
Description |
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.
Os equipos formados para o estudo de casos terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.
Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario e titorías compatible coa súa dedicación. Dito alumnado deberá pórse en contacto co profesor nos primeiros dez días do curso. |
|