Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Capacidade para planificar unha viaxe e dirixir a navegación.
  AP2 Capacidade para determinar por calquera medio a situación e exactitude do punto resultante.
  AP3 Capacidade para determinar e compensar os erros do compás.
  AP4 Capacidade para coordinar as operacións de procura e salvamento.
  AP5 Capacidade para establecer os sistemas e procedementos do servizo de garda.
  AP6 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando información do equipo e os sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
  AP7 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando o SIVCE e os sistemas de navegación conexos para facilitar a toma de decisións.
  AP8 Capacidade para prognosticar as condicións meteorolóxicas e oceanográficas.
  AP9 Capacidade para analizar as medidas que procede adoptar en caso de emerxencia da navegación.
  AP10 Capacidade para manobrar e gobernar o buque en todas as condicións.
  AP11 Capacidade para utilizar os telemandos das instalacións de propulsión e dos sistemas e servizos de maquinaria.
  AP12 Capacidade para planificar e garantir o embarco, estiba e suxeción da carga, e o seu coidado durante a viaxe e o desembarco.
  AP13 Capacidade para a avaliación das avarías e defectos notificados, nos espazos de carga, as tapas de escotilla e os tanques de lastre, e adoptar as medidas oportunas.
  AP14 Capacidade para o transporte de mercadorías perigosas.
  AP15 Capacidade para controlar o asento, a estabilidade e os esforzos.
  AP16 Capacidade para vixiar e controlar o cumprimento das prescricións lexislativas e das medidas para garantir a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio mariño.
  AP17 Capacidade para manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
  AP18 Capacidade para elaborar plans para continxencias de control de avarías, e actuar eficazmente en tales situacións.
  AP19 Capacidade para a utilización das cualidades de liderado e xestión.
  AP20 Capacidade para organizar e administrar a atención médica a bordo.
  AP21 Capacidade para identificar danos e defectos, elaborar informes e implantar medidas correctivas.
  AP22 Capacidade para o negocio marítimo a nivel de xestión.
  AP23 Capacidade para xestionar informaticamente a documentación técnica e as operacións de mantemento.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Capacidade para aprender a aprender.
  BM2 Capacidade para resolver problemas de forma efectiva.
  BM3 Capacidade para aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  BM4 Capacidade para comunicarse de forma efectiva nunha contorna de traballo.
  BM5 Capacidade para traballar de forma efectiva nunha contorna de traballo.
  BM6 Capacidade de adaptación a novas situacións.
  BM7 Capacidade para uso das novas tecnoloxías TIC e de internet como medio de comunicación e como fonte de información.
  BM8 Capacidade para comunicar por escrito e oralmente os coñecementos precedentes da linguaxe e síntese.
  BM9 Capacidade de análise e síntese.
  BM10 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
  BM11 Capacidade para organizar, planificar e resolver problemas relativos ao departamento de navegación
  BM12 CB6 -Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BM13 CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BM14 CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BM15 CB9-Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
  BM16 CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Capacidade para expresarse correctamente tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
  CM2 Capacidade para dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita nun idioma estranxeiro
  CM3 Capacidade para utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
  CM4 Capacidade para desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
  CM5 Capacidade para entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  CM6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Capacidade para asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
  CM8 Capacidade para valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
  CM9 C9-Capacidade para posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  CM10 C10-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  CM11 C11-Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  CM12 C12-Capacidade para comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  CM13 C13-Capacidade para desenvolver as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes