Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Laboratorio de Química 1 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Laboratorio de Química 1 | Código | 610G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 | Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías). |
40 |
Proba mixta | A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 | Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en todas as actividades realizadas. |
30 |
Obradoiro | A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 | Avaliación do Traballo Previo que o alumnado debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. Esta actividade será avaliada mediante a participación activa do alumnado e os conceptos adquiridos na preparación do Traballo Previo. | 10 |
Proba de resposta breve | A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 | Ao finalizar cada práctica do Bloque II, levarase a cabo unha proba de resposta curta e/ou cálculo relacionadas cos contidos e aspectos relevantes da práctica realizada para evaluar a racionalización dos fundamentos teóricos coa experimental. | 20 |
Observacións avaliación | |||
- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria. - Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións de todas as actividades de evaluación continuada (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba de resposta breve), un mínimo de 5 puntos (sobre 10) e obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na cualificación da Proba mixta. No caso de que o alumnado non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). - No caso de non superar a materia na primeira oportunidade: 1) A cualificación dos obradoiros e as probas de resposta breve conservarase na segunda oportunidade de xullo. 2) A cualificación das prácticas de laboratorio substituirase pola obtida nun exame práctico, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10). Igualmente, será condición imprescindible obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. 3) A cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na puntuación da proba mixta para poder superar a materia. - Para obter a cualificación de non presentado, o alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta. - De acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". - Ao tratarse dunha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, polo que para aquel alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación anteriormente descrito. - No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. Implicacións do plaxio na cualificación: A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida para a avaliación da materia implicará directamente a cualificación de suspenso (0,0 ptos) na convocatoria correspondente, conforme se recolle no Estatuto do Estudantado da UDC (artigo 35, punto 3, https://www.udc.es/es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado/index.html). Convocatoria A ponderación na avaliación das diferentes actividades |
|