Para
poder superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno posúa unha
serie de coñecementos previos de química, de acordo co nivel esixido en
secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste
de reaccións químicas e cálculos estequiométricos. Programa Green Campus Facultade de
Ciencias Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "
Declaración Ambiental da Facultade de Ciencia (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a.-
Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.- De
realizarse en papel: - Non se
empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase
papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores. |