Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Criptogamia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, B1, B3, B7, B8, B9, B11 10
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B8, B9 40
Prácticas de laboratorio A9 B1 B7 B8 Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A9, B1, B7, B8 20
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A2, A4, A20, A22, A27, A32, B1, B4, B6 20
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A2, A20, A22, A27, A32 10
 
Observacións avaliación

A/O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE ACTIVIDADES AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN.

É FUNDAMENTAL QUE A/O ESTUDANTE ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE DEDICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 51 HORAS PRESENCIAIS (PRESENCIALIDADE FÍSICA OU TELEMÁTICA) E CASE 100 HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARAO EXAME DE TEORÍA.

Para obter a cualificación de "non presentado" a/o estudante non poderá ter participado nun 30% ou máis das actividades avaliables programadas. Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. A nota global do curso non deberá ser inferior a 5.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria .

Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas oportunidades terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que a/o estudante poida optar a superar a materia.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 2022/2023 as seguintes datas importantes :

Prácticas de laboratorio: entre setembro e outubro de 2022 (pendentes por concretar, serán comunicadas con antelación)

Saídas de campo: 30 de setembro de 2022.

Portas abertas no laboratorio: entre outubro e novembro de 2022 (pendentes por concretar, serán comunicados con antelación).

Entrega do informe (en pdf) da saída de campo (data límite): venres 14 de outubro de 2022.

Entrega dos casos prácticos -en pdf- e realización de exame de herbario: mércores 14 de decembro de 2022.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes