Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo que serán avaliadas ao longo do primeiro cuadrimestre. O calendario da proba/s facilitarase durante o curso. 40
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 60
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Recoméndase
    a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente
    de completar o proceso de matrícula porque o calendario da avaliación é independente da data de
    matrícula individual do alumno.
  • Os alumnos/as deben consultar
    obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia
    (moodle)
    , onde os docentes colocan información relevante.
    Ademáis, os estudantes deben
    subir obrigatoriamente unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a
    súa correcta identificación antes do 30 de setembro de 2022.
  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
    dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
    información.
  • De igual maneira, é necesario que cada alumno/a que desexe
    realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
    vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
    normativa vixente).
  • Estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
    dispensa académica de exención de asistencia": excepto para as datas
    aprobadas
    na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
    probas
    acordarase ao inicio do curso, de ser preciso, un calendario
    específico compatible coa sua
    dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa
    horaria lectiva das probas prácticas dalgún dos grupos de estudantes. O
    estudante que se atope nestas circunstancias
    debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico da
    UDC antes do 30
    de setembro de 2022.

Tipo de cualificación:

  • A calificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só
    participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
    20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.

Tipo de avaliación:

  • Primeira oportunidade: os criterios de avaliación son os marcados nesta sección. Para superala asignatura, o estudante debe obter como mínimo 50
    puntos dos 100 totais. Polo tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
    "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
    de asistencia", poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
    totais entre todalas probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan
    acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
    certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
    -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
    noutra ocasión que lles será comunicada polos docentes, tendo en conta o sinalado polo
    regramento académico.
  • Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
    extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
    obxectiva nas datas oficiais cun valor máximo do 100% da nota final. Polo tanto, nelas poderase recuperar a avaliación continua realizada durante o primeiro cuadrimestre. En ambalas dúas oportunidades, os estudantes poderán superar a materia
    obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 potenciais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes