Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Política Económica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C5 C6 C8 Avaliación ó longo do curso. Dentro deste apartado considérase a participación nas clases e as actividades prácticas desenvolvidas e presentadas polo alumnado durante o curso. 40
Proba mixta B1 B2 B3 Avaliación nun exame final. Consiste na realización dun exame escrito no que se avalían todos os contidos desenvolvidos durante o curso. 60
 
Observacións avaliación

Cualificación
de non presentado:
 Corresponde ao alumno, cando só participe de
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 

Segunda
oportunidade:
Na data e hora establecida no calendario académico
oficial para a realización da proba de avaliación correspondente á segunda
oportunidade, realizarase un exame que constará de dúas partes:

 

Parte
xeral, que representa un 60 % da nota final que se suma a cualificación obtida
polo estudante nas probas de avaliación continúa realizadas ao longo do
cuadrimestre.

 

Parte
específica para que os estudantes que o desexen poidan recuperar a
cualificación correspondente ás probas e actividades contempladas na evaluación
continua programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (probas test,
problemas e outras actividades avaliables). A realización desta parte
específica consistirá nunha serie de preguntas, exercicios e/ou casos práctos
cos que se avaliará a adquisición do tipo de competencias requeridas para
superar as probas de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre.
Esta parte do exame permite acadar un máximo do 40% da nota final. Deste xeito,
os estudiantes estarán en condicións de acadar na segunda oportunidade un 100%
da cualificación.

 

Nota
importante: O estudante que realizan a parte específica da proba de avaliación
final programada para a segunda oportunidade enténdese que renuncia a
cualificación obtida na avaliación continua desenvolvido durante o
cuadrimestre.

 

Convocatoria
adiantada:
 100% en examen final.

 

Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia:
 Agás para as datas aprobadas na Xunta de
Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao
comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa
dedicación.

 

Sobre
condicións de avaliación final:
 Está prohibido acceder á aula de exame con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento
de información.

 

































Identificación do estudante: O estudante ha de
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes