Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Tecnoloxías da Información e da Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B5 C3 C6 C7 C8 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
Sesión maxistral B1 B2 B5 C3 A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos propostos de unha clase para a seguinte 5
Prácticas a través de TIC A1 B1 B2 B3 B4 B9 C3 C6 C8 Actividades a desenvolver na aula informatizada. Prácticas curtas a realizar en unha ou dúas sesións e prácticas de maior complexidade a desenvolver ao longo de varias semanas. As prácticas realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 45
 
Observacións avaliación


PRIMEIRA
OPORTUNIDADE


A
primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O
    50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita
    teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo
    do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta
    proba escrita para superar a materia.


  • O
    45% da nota global da materia corresponderá coas prácticas
    desenvolvidas ao longo do curso empregando os recursos da aula
    informática. Cada práctica curta terá unha cualificación máxima
    de 3 puntos e cada práctica longa terá unha cualificación máxima
    de 7 puntos.


  • Finalmente
    outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de
    teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se
    propoñan na mesma nos diferentes temas.



  • A
    entrega das prácticas non é obrigatoria. Unha vez aprobada a proba
    escrita, a cualificación das prácticas entregadas correctamente
    sumarase á nota final.



OBSERVACIÓNS:


  • Terá
    cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice
    a proba escrita teórica.



SEGUNDA
OPORTUNIDADE


Poderán
presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes
que non superen a materia na primeira oportunidade


A
segunda oportunidade constará de dúas partes:

  • Proba
    escrita teórica (55% da nota final), para recuperar a nota da proba
    teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA
    de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.



  • Actividades
    prácticas (45% da nota final) para recuperar a nota das actividades
    prácticas na aula informática. Estas actividades poderán ser, a
    criterio do equipo docente, as mesmas da primeira oportunidade ou
    outras de similar dificultade. O enunciado das actividades será
    publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións
    definitivas da primeira oportunidade.



OBSERVACIÓNS:

  • Cada
    estudante poderá escoller se opta a recuperar todas ou parte das
    prácticas.


  • Se
    un/unha estudante decide non realizar a recuperación da parte
    práctica, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa
    parte.


  • Os/as
    estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na
    primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda
    oportunidade para aprobar a materia.



  • Aqueles
    alumnos/as que se presentan ao exame extraordinario (ou adiantado)
    de decembro, deberán contactar co profesorado para que se
    establezan as prácticas a entregar para superar a materia.


DISPENSA ACADÉMICA


Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que
lles exima da asistencia ás clases poderán entregar as prácticas realizadas durante o curso empregando o material dispoñible en vídeo con explicacións dos enunciados publicados no Moodle da materia. Tanto en primeira como en segunda oportunidade, o 55% da nota global corresponderase coa proba escrita teórica e o 45% coas actividades prácticas.


OBSERVACIÓNS
Á AVALIACIÓN

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual,
auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde
mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles
na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no
seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)," para que o profesorado da materia poida adaptar os seus contidos e avaliación axeitadamente. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes