Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A7 A9 A11 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Será valorado polo director do traballo, según o seguinte:

1. Aspectos formais (20%):
-adecuación ao formato establecido
-citas e referencias bibliográficas
-presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos, etc.)
-corrección lingüística.

2. Contido (60%):
-estrutura do contido: coherente e adecuada ao tema
-claridade expositiva
-selección e utilización da bibliografía
-resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.

3. Proceso de realización (20%):
-organización, temporalización, autonomía
70
Presentación oral A5 A6 A9 B4 B6 B7 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Será valorada polo tribunal, según o seguinte:

1. Exposición (35%):
-axustada ao tempo
-clara e estruturada
-corrección e adecuación lingüística

2. Contido do discurso (35%):
-capacidade de síntese
-atención aos aspectos relevantes do traballo

3. Resposta ás observacións do tribunal (15%):
-resposta axeitada a todas as observacións e preguntas

4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%)
-utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio
30
 
Observacións avaliación

1. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Leste arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

2. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesario, polo tanto, a presentación oral.

3. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal.

4. Calquera falta de honradez académica (plagio ou outras formas) se penalizará co suspenso automático do TFG. A Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, para detectar textos, ou porcións,  procedentes de otros textos e sinalar a súa procedencia.

5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes