Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc.
|
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (p. ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). |
40 |
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se realizarán na data oficial do exame final: 1) un exame escrito con un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 40% da nota; 2) un ensaio argumentativa sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre, que substituirá ás seccións "Traballos tutelados" e "Discusión dirixida" da primeira oportunidade e que computará o 60% da nota. • Un aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta” para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima na sección 1 da avaliación. • O alumnado terá aposibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final decurso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio docuadrimestre. • Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%. • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo. • O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. • O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos. DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
|