Recoméndase a asistencia e
participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de
todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados. A
asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia,
adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe
continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a
posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial. Nos casos considerados na normativa da Facuiltad, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia (dispensa). Non asistir ao exame escrito significa que se perde a
primeira oportunidade para esta(s) parte(s) da avaliación. Desta forma
só quedará a segunda oportunidade. |