Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Poscolonial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 Valoraranse actividades feitas na clase (individuais e en grupo, orais e escritas):

Presentación oral (10% DI): faránse en grupos de 3-9 estudantes e será OPCIONAL.
Seminario (5% DE + 15% DI): Valoraránse as actividades feitas por o alumnado nas aulas, tales como a participación activa en debates e a resposta a preguntas, ou realizar comentarios de texto (close-reading), entre outras actividades.
30
Proba de ensaio A9 B1 B2 B3 B6 Cada estudante redactará dous textos escritos (un a mediados do cuadrimestre, o outro cara o final) sobre os conceptos teóricos e as obras estudadas en clase (DE). (As datas especificaranse ao principio do cuadrimestre). Na valoración destas probas valorarase en particular a capacidade do/a estudante para a comprensión crítica dos textos e conceptos vistos na clase así como a súa competencia lingüística en inglés. 40
Proba mixta A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 O exame final poderá incluír preguntas breves (ex., identificación /análise de citas, definicións de termos clave, etc.), así como preguntas máis longas e complexas ou comentarios de texto.

O exame terá dúas partes (DE - 15%, na data oficial de exame, e DI - 15% durante unha sesión de aulas).
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia a/o estudante debe obter unha nota de 5 (ou superior) a 10 despois de sumar todos os compoñentes da avaliación. Adicionalmente, non se superará a materia a menos que se obteña unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame final.

Todas
as actividades, incluídos os exames, deben estar escritas con claridade; os
erros de gramática, vocabulario, ortografía, puntuación e estilo xeral
afectarán negativamente ás cualificacións.

Todos os traballos deberán entregarse a tempo e no formato especificado para evitar unha penalización do 25% sobre a cualificación obtida.

A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións:

1) Un ensaio
crítico máis extenso (40%);



2) Dúas probas
escritas similares ás probas finais de xuño (15% DE + 15% DI);



3) Unha
exposición oral OPCIONAL (10%);



4) O traballo do
seminario correspondente ás sesións de "Debate dirixido" será
substituído por dúas probas (5% DE + 15% DI) con preguntas sobre os textos e
conceptos explicados ao longo do curso.

Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

 
O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

Calquera
deslealdade académica (plaxio ou "copiar" en exames, entre outras) será
sancionada de conformidade co disposto no Artigo 14 das “Normas para a
avaliación, revisión e reclamación de títulos de dous estudos de grao e
mestrado universitario”. 

O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
 
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes