Solución de problemas |
Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática, o léxico e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicios de gramática, redaccións, resumos, traducións...).
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
|
Lecturas |
Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Proba oral |
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), mediante unha conversa ou entrevista coa profesora, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes. Durante a proba poderanse utilizar textos ou material audiovisual de apoio para suxerir distintas situacións comunicativas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |