Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A6 A7 A15 |
Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres, catro ou cinco durante o curso. 3.5 puntos.. |
35 |
- Nestamateria valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cadaescola crítica literaria, e, tamén, a capacidade de analizar razoadamente,empregando eses coñecementos teóricos básicos, distintos textos literarios en lingua inglesa.
- A notafinal ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberánobter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 naavaliación continua (análise e traballo) para facer media.
- A evaluación é como sigue: traballo tutelado (1.5 puntos), análise de fontes (3.5) e a proba mixta ou exame (5).
- Plaxiar nos traballos invalida o traballo. Temos aplicacións como "Turnitin" para facilitar a detección de citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranseas normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación dascualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). "Turnitin" recoñece traballos previamenterealizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidadeou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
- Os alumnos/asque non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non teránnotas de avaliación continua. É necesario obter 2 puntos e deberán recuperalosna convocatoria de recuperación ou de segunda oportunidade, aínda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
- A únicalingua empregada en clase, traballos e exames será o inglés. As faltas deexpresión graves (non de estilo) en lingua inglesa mermarán a nota en calqueraactividade. Por tanto recoméndase que os alumnos/as se esmeren na redacción erevísena. Tampouco se permitirán plaxio de fontes escritas ou dixitais enexames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia encerta medida, aínda que é lóxico que os comentarios e interpretacións doprofesor subexistan tras a devandita competencia.
- Os alumnos/asque asistan e participen durante ou curso na avaliación continua non poderánser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % dasactividades.
- Aquelesalumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unhadispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia destauniversidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos a tempo parcialcon dispensa académica, deberán falar co profesor durante as dúas primeirassemanas para buscar alternativas á avaliación continua ou ben facer actividades complementarias o día do examen. O ensaio é obrigatorio neste caso tamén.
- Os alumnosque se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo asnormas especificadas para a oportunidade de xullo.
- Aavaliación da oportunidade de xullo divídese da forma seguinte: 50% examefinal e 50% actividades que substituiráno traballo da avaliación continua (o ensaio non é sustituido). As partes aprobadas aínda contan.
DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa TitoraADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
|