O alumnado deberá acadar polo menos o 40% da nota máxima das partes teóricas e prácticas, sendo en todo caso a suma de tres partes superior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase en función da nota máis baixa obtida.
No caso de non acadar o mínimo de teoría ou práctica, o alumno disporá dunha segunda oportunidade na que só estará obrigado a entregar dita parte. Os traballos tutelados considéranse como avaliación continua e non se entregarán na segunda oportunidade.
As cualificacións non se gardarán entre cursos académicos.
As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa.
Quen concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Presentado”.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o Regulamento de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións. En aplicación da normativa correspondente en materia de plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio práctico ou teórico suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos os casos.