Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016) |
Asignaturas |
Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos | Código | 615524003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A12 B1 B3 B5 B10 C3 C7 C8 | Para o traballo individual de análise de fontes documentais os criterios de valoración serán: -Claridade e concisión -Coñecemento e manexo dos conceptos -Achega propia sustentada no correspondente marco teórico Todos os traballos valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna. A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 30% sobre a nota final de avaliación da materia. |
30 |
Sesión maxistral | A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 | Valorarase a asistencia e participación na clase do alumnado presencial. Tamén se valorará a participación activa nos foros/debates que se propoñan no Campus Virtual. |
10 |
Traballos tutelados | A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B4 B7 B10 C1 C2 C4 C8 C9 | Levarase a cabo unha avaliación continua e individualizada do traballo de cada alumno/a no traballo tutelado na modalidade presencial. Os criterios de valoración da avaliación continua serán: -Actitude -Proactividade -Resolución de problemas -Implicación A ponderación da avaliación continua sobre a nota final será dun 20%. Os criterios de valoración do traballo escrito serán: -Adecuada estruturación do traballo -Claridade e concisión no desenvolvemento -Coñecemento e manexo dos conceptos -Orixinalidade das ideas propostas -Viabilidade do plan -Estética do documento A ponderación do traballo escrito sobre a nota final será dun 20%. Os criterios de valoración das presentacións orais faranse de xeito individualizado e serán: a) Organización e capacidade de síntese b) Interese do contido c) Precisión e claridade de exposición d) Adaptación ao tempo (10 minutos) e) Estética do documento de presentación A ponderación da presentación oral sobre a nota final será dun 20%. Deste bloque os ítems "a, b, d, e" ponderarán un 10% e o ítem "c" o outro 10%. Tanto a avaliación continua, como o traballo escrito e a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna. A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 60% sobre a nota final de avaliación da materia. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a asignatura será necesario ter unha calificación de máis de 5 puntos en todas e cada unha das partes (análise de fontes documentais, traballo tutelado e participación en foros). O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |
|