Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Modelos de provisión do benestar
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consisten na explicación da parte teórica da asignatura. As clases gravaranse para facilitar a visualización do estudantado non presenciais.
Estudo de casos Estudo de políticas sociais específicas e análise da sua implementación. Realizarase un traballo de investigación en grupo (3/4 estudantes) no que cada equipo analice o modelo de prestación asistencial dun país que elixiron anteriormente. Recoméndase que cada grupo de traballo faga unha titoría coa profesora ao comezo do curso para falar do traballo. Nas sesións de clase e as tutorias dedicarase un tempo a progresar nestas investigacións, que se enriquecerán coas discusións e actividades realizadas na aula. As directrices específicas daranse na aula e a través do Campus Virtual.
Lecturas Lecturas académicas sobre os contidos da materia que serán comentadas polos estudantes nos foros do Campus Virtual. Realizarase un ensaio final analizando de xeito crítico e libre todas as lecturas do curso.
Obradoiro Realizaranse actividades como debates, busca e análise de información, visualización e análise de documentais, entre outros. Para estudantes en modo NON PRESENCIAL, abriranse foros no Campus Virtual para que poidan comentar os documentais propostos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes