Recoméndase seguir con asiduidade as
indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto
coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre
a equipa docente e o estudantado.
Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con
carácter xeral:
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático;
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a
un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático,
escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas
tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
Adicionalmente, é aconsellable tener coñecementos básicos de
socioloxía, economía e dereito. En particular, debes coñecer o papel das
organizacións transnacionais (Banco Mundial, Nacións Unidas, Unión Europea).
Tamén hai coñecementos básicos de matemáticas e estatística aplicadas á
correcta interpretación, cálculo e xestión de bases de datos e indicadores.
Recoméndase ter un nivel de inglés medio-alto para un acceso adecuado ás
fontes de información. Así mesmo, requírese un nivel adecuado de uso das TIC.
|