Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consta de dúas partes que serán tutorizadas polo persoal docente:
1.Deseño dunha proposta de investigación
2.Deseño de técnicas cualitativas de recollida de datos. Posta en práctica dunha das técnicas deseñadas. Análise e interpretación do material empírico producido.
Para o alumnado online subiranse as instrucións concretas sobre a súa realización na aula virtual. O profesorado guiaralles na súa realización de maneira telemática e tamén mediante titorías (colectivas e individuais) tal e como se recolle no apartado correspondente a “atención personalizada” desta guía docente.


Sesión maxistral O profesorado introducirá os diferentes contidos da materia en sesións maxistrais cuxo contido se porá a disposición do alumnado online na aula Virtual da materia. Estas motivarán a participación e o debate do estudantado (discusión dirixida), que se realizará a través dos foros virtuais habilitados para iso.
Os documentos de apoio (textuais, audiovisuais, etc.), xunto coas presentacións utilizadas, estarán dispoñibles na plataforma virtual.
Tamén poderán de facer uso das titorías para aclaracións sobre os contidos abordados nas sesións maxistrais.


Obradoiro Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación con metodoloxía cualitativa e a aplicación das diferentes técnicas, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado.

Para o alumnado online, estas actividades adaptaranse para a súa realización e seguimento a distancia a través das ferramentas habilitadas para iso na aula Virtual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes