Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Intervención socioeducativa con persoas maiores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A22 A23 A24 A25 A26 B2 B3 B4 B6 B7 B14 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C7 Avaliarase a participación e contribución individual no traballo desenvolvido na aula 45
Portafolios do alumno A23 A24 B2 B3 B4 B17 B19 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Deberá entregarse un cartafol no que se recolla unha descripción e reflexión crítica sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe vivido ao longo da materia (actividades docentes, traballo grupal, etc.) 55
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación (por exemplo: plaxio) implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria

1.- A
entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2.
Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos

1.3. De se
realizar en papel:

- Non se
empregarán plásticos.

-
Realizaranse impresións a dobre cara.

-
Empregarase papel reciclado.

-
Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese
facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural

3.-
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.-
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos
os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.-
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade

6.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas

7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

8. A docente responsable
resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros
aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes