Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Procesos e Deseños da Investigación Social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela das profesoras e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte das docentes.

O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
Obradoiro Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, role play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado.
Presentación oral O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión complementarase co uso de medios audiovisuais e a combinación coas actividades do taller, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes