Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
 Asignaturas
  Procesos e Deseños da Investigación Social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado.
Para o alumnado online, estas actividades adaptaranse para a súa realización e seguimento a distancia a través das ferramentas habilitadas para iso na aula Virtual. A presencialidade terase en conta mediante o ingreso e participación nas ferramentas habilitadas na aula Virtual, complementarias á parte práctica: taller, traballo tutelado e exposición oral.
Presentación oral O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías telemáticas indicadas polas profesoras.

No caso do alumnado online, a presencialidad terase en conta mediante o ingreso e participación nas ferramentas habilitadas na aula Virtual, complementarias á parte práctica: taller, traballo tutelado e exposición oral.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión complementarase co uso de medios audiovisuais e a combinación coas actividades do taller, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.

O profesorado introducirá os diferentes contidos da materia en sesións maxistrais cuxo contido se porá a disposición do alumnado online na aula Virtual da materia. Os documentos de apoio (textuais, audiovisuais, etc.), xunto coas presentacións utilizadas, estarán dispoñibles na plataforma virtual.
Tamén poderán de facer uso das titorías para aclaracións sobre os contidos abordados nas sesións maxistrais.

Para valorar a presencialidade das sesións maxistrais do estudiantado en modalidade a distancia, terase en conta a consulta dos materiais na aula virtual, así como a participación nas ferramentas asíncronas complementarias a esta metodoloxía.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela das profesoras e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte das docentes.

O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.

Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos. Os e as estudantes nesta modalidade, disporán de instrucións e rúbrica precisas para a súa elaboración, diferentes ás do alumnado presencial, que será publicadas na aula Virtual da materia.

O seguimento e guía por parte das profesoras realizarase a través de foros de dúbidas sobre a elaboración de traballo, así como titorías grupais ou individuais a través da plataforma Teams, tal e como se recolle no apartado correspondente a “atención personalizada” desta guía docente. A presencialidade terase en conta mediante o ingreso e participación nas ferramentas habilitadas na aula Virtual, complementarias á parte práctica: taller, traballo tutelado e exposición oral.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes