Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
 Asignaturas
  Seminarios de Especialización Aplicada I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Guiada polas directrices do grupo docente, prepararáse unha presentación das lecturas asociadas a cada un dos proxectos de investigación e presentarase oralmente ao resto do alumnado. O alumnado fará a presentación síncronamente a través de Teams ou aportará a presentación gravada.
Lecturas Lectura individual de textos académicos asociados a cada un dos proxectos de investigación.
Discusión dirixida Logo das presentacións orais, organizarase unha discusión dirixida, na que se exercitará a revisión por pares e a presentación de teorías e metodoloxías alternativas. A discusión levarase a cabo de maneira oral a través de Teams sincronamente, ou asincronamente, a través do chat de Moodle durante o periodo especificado polo grupo docente.
Seminario Seminarios nos que se presentarán os distintos proxectos en curso. Sempre que sexa posible, participarán no seminario outros membros do proxecto. Os seminarios emitiranse sincronamente a través de Teams e os estudantes terán acceso á gravación dos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes